Acto de lembranza e homenaxe a Revolución Galega de 1846

Acto de lembranza e homenaxe a Revolución Galega de 1846

Batall04 copiaO BNG de Teo homenaxeou como cada ano, ás centos de persoas que loitaron na batalla de Cacheiras, coa que rematou a Revolución Galega de 1846.

Nun sinxelo e emotivo acto a militancia e simpatizantes do BNG reuníronse no monumento conmemorativo da Fundación O Grelo?Amigos de Galicia, para lembrar ás persoas que pagaron coa vida a súa reclamación do noso dereito a vivir dignamente e o recoñecemento do noso pobo coma entidade colectiva claramente diferenciada e que sofre as consecuencias de ser a periferia, situando a Galiza na vangarda revolucionaria de Europa.

O acto consistiu na lectura dun poema de Manuel María e nunha ofrenda floral que depositaron ao pe do monumento o concelleiro do BNG en Teo, Manuel Anxo Fernández Baz e o Responsabel local, Renato Núñez.