O BNG de Teo elixiu o primeiro tramo da candidatura para as municipais

Manuel Anxo Fernández Baz destaca a combinación de experiencia e renovación para que Teo recupere a iniciativa

 

O BNG de Teo elixiu o primeiro tramo da candidatura para as municipais

 A asemblea local do BNG aprobou por unanimidade o primeiro tramo da candidatura para as municipais de maio. A proposta aprobada pola asemblea queda do seguinte xeito: Manuel Anxo Fernández Baz, Carme Diéguez, Manuel Barreiro, Patricia Castelao, Carlos Cebey, Sofía Rama e Andrés Fernández. 

O candidato á alcaldía, Manuel Anxo Fernández Baz, destacou que “estas seis persoas que forman parte do primeiro tramo combinan a experiencia que aportan Carmen ou Andrés coa renovación que representan Patricia e Manuel”, e engadíu que “o BNG aposta por unha equipa de persoas comprometidas cos veciños e veciñas de Teo para gobernar Teo coas ideas claras para recuperar a ilusión nun Concello que perdeu a iniciativa nos últimos anos.”

O responsábel local do BNG, Manuel Barreiro, anunciou que “ao longo do mes de marzo completaranse os dezasete postos da candidatura e os suplentes”. E apuntou neste sentido que “o BNG de Teo está traballando co propósito de conformar unha candidatura na que se combinen os criterios de xénero, representatividade territorial, renovación e experiencia”, ao que engadíu que “parellamente á elaboración da candidatura, o Bloque está conformando as liñas mestras do programa electoral co que concorrerá ás eleccións municipais pensado para resolver as moitas problemáticas que afectan aos veciños e veciñas, desde a idea de que Teo merece máis e mellor.”