Desde o BNG somos conscientes de que os veciños e veciñas de Teo reclaman seguridade viaria e apostan pola humanización

Organizamos outra andaina para reclamar un Plan de Seguridade Viaria e Humanización.

Desde o BNG somos conscientes de que os veciños e veciñas de Teo reclaman seguridade viaria e apostan pola humanización

O sábado pola mañá percorremos a pé o treito dende a rotonda das Galanas ata a SR de Calo, dende o BNG de Teo organizamos esta andaina para reclamar un Plan de Seguridade Viaria e Humanización.

O Bloque demándalle ao goberno municipal de Teo (Son de Teo-Anova/PSOE) a posta en marcha dun Plan de seguridade viaria, como aposta estratéxica para facerlle fronte a un dos principais problemas que temos en Teo. Este plan sería o marco para avanzar na consecución de camiños seguros, carrís bicis, así como roteiros e sendas para o deporte e para desprazarse a pé.

Somos conscientes de que os veciños e veciñas de Teo reclaman seguridade viaria e apostan pola humanización, mais para conseguir establecer isto como prioridade é necesario seguir facendo accións simbólicas como esta.