O BNG cualifica de espectáculo lamentable a suposta “negociación” entre PSOE e Son de Teo que se veu reducida a un reparto de salarios

IMG_7185

Fernández Baz advirte a Son de Teo e PSOE que sen dialogar e consensuar co BNG non teñen a maioiría suficiente

O BNG cualifica de espectáculo lamentable a suposta “negociación” entre PSOE e Son de Teo que se veu reducida a un reparto de salarios

O BNG vén de coñecer polos medios de comunicación que Son de Teo e PSOE chegaron a un acordo para formar goberno despois de ter o Concello paralizado desde o 15 de xuño. Segundo a información que transcendeu, o motivo da confrontación eran as dedicacións exclusivas e o persoal de confianza que supostamente non eran as que o PSOE quería nin en canto ao número nin en canto a cantidades.

En definitiva, e segundo o publicado, xa que o BNG non recibeu información algunha, Son de Teo e PSOE pretenden ter sete salarios do Concello. 

Así pois, queda moi claro que realmente o espectáculo lamentable ao que asistimos desde o 27 de maio reducíase a unha cuestión de salarios sen importar realmente as áreas de goberno ou mesmo a conformación dun proxecto de concello, ausente durante os últimos catro anos.

Por todo isto, o BNG cualifica esta actuación como irresponsábel e só a entende como froito das ambicións persoais e dos obxectivos partidistas, sen importar os intereses da veciñanza de Teo; e rexeita a forma de proceder de Son de Teo e PSOE en tanto que predican co diálogo pero non o practican, e nomeadamente a actitude do alcalde que se comprometeu a dialogar e a consensuar as propostas.

Diante desta situación, o portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, subliñou que “lamentamos que Son de Teo persista na actitude que mantivo ao longo dos últimos catro anos nos que evitou en todo momento dialogar co BNG, e mais aínda no escenario actual”, e destacou que “non é de recibo esta forma de actuar, pois o BNG non deu un cheque en branco a Sisto cando o apoiou para a alcaldía, como ben sabe, senon que unicamente cumpriu coa premisa de que non gobernase o Partido Popular”, e engadiu que “as forzas que compoñen o goberno teñen que ser conscientes que non teñen a maioría suficiente para sacar adiante as súas propostas sen dialogar e acordar co BNG”.

O BNG cualifica de espectáculo lamentable a suposta “negociación” entre PSOE e Son de Teo que se veu reducida a un reparto de salarios