O BNG pedirá explicacións no Parlamento galego e esixe que se cubran as ausencias dos facultativos

Tivemos coñecemento por parte de usuarias dos centros de saúde de Calo e dos Tilos que non hai atención pediátrica o venres 24 de novembro, e que como alternativa foron enviadas ao Servizo de Urxencias do CHUS. Diante desta situación reclamamos que se cubra a baixa ou ausencia da titular polo tempo que sexa necesario con un/unha facultativa/o

O BNG pedirá explicacións no Parlamento galego e esixe que se cubran as ausencias dos facultativos

O BNG tivo coñecemento por parte de usuarias dos centros de saúde de Calo e dos Tilos que non hai atención pediátrica o venres 24 de novembro, e que como alternativa foron enviadas ao Servizo de Urxencias do CHUS.

A instrucción do SERGAS diante da ausencia temporal xustificada da pediatra titular, que está no seu dereito, normalmente viña sendo enviar ás e aos pacientes ao centro de saúde de Cacheiras, mais esta vía recorrente entendemos que non fai máis que colapsar o servizo, e agora envíanse directamente ao Servizo de Urxencias do CHUS.

O BNG diante desta situación reclama que se cubra a baixa ou ausencia da titular polo tempo que sexa necesario con un/unha facultativa/o, tanto para evitar colapsos en Cacheiras, como para evitar, como neste caso, que os/as pacientes e familiares teñan que desprazarse ao CHUS, con todos os inconvintes que ten ir a Urxencias tanto polo desprazamento como polo tempo de agarda, cando teñen un servizo nos seus centros de saúde.

Por todo isto, o BNG a través da deputada no Parlamento galego, Montserrat Prado Cores, pedirá explicacións e esixirá a cobertura das ausencias dos facultativos nos centros de saúde.