O BNG denuncia os numerosos cortes de luz que sufriu a veciñanza dos concellos da Área de Compostela

O BNG denuncia os numerosos cortes de luz que sufriu a veciñanza dos concellos da Área de Compostela

O BNG da comarca de Compostela considera inadmisíbeis os cortes de luz de diversa intensidade que se sucederon ao longo do xoves e venres nos concellos de A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Dodro, Frades, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra e que acontecen mentres as eléctricas reciben miles de euros en subvencións da Xunta e gastaran millóns de euros en buscar ubicación a políticos cesados.

No caso concreto de Teo a veciñanza soportou numerosos cortes de luz duración durante todo o xoves e o está sufrindo este venres. Estes cortes, que foron numerosos en varias parroquias, supuxeron danos en electrodomésticos na parroquia de Teo e chegaron a 7 na parroquia de Lucí. Algúns veciños queixáronse de estar varias hora sen luz nalgunhas aldeas de Lampai e Lucí.

Esa situación resulta inadmisible se temos en conta que as empresas eléctricas recibiron miles de euros en subvencións por medio do Plan de Mellora Eléctrica de Galicia, inversións que non parecen poder fronte a unha situacións minimamente adversa dun clima que, por outra banda, é previsíbel en Galiza. Ao mesmo tempo esas compañías gastan millóns de euros contratando a políticos cesados para as súas xunta directivas. 

A Xunta de Galiza debería reclamar responsabilidades ás compañías eléctricas polos graves inconvenientes que sufriu a veciñanza. Sobre todo nun momento no que o prezo da luz está en alza sen control e no que temos que constatar con estupefacción a contratación do saínte Director Xeral da Garda Civil pola empresa Rede Eléctrica.

Mentres esas compañías gastan inxentes cantidades de diñeiro na contratación de persoal alleo á actividade da empresa, a nosa veciñanza ten que dedicarse o engorroso labor de intentar conseguir compensación polos electrodomésticos danados. Sen contar os inconvenientes derivados de estar longos períodos sen electricidade ou a inquietude que trae os cortes repentinos de suministro que poden provocar danos nos aparatos domésticos.