O BNG desbota entrar nun goberno polo clima de desconfianza

O BNG desbota entrar nun goberno polo clima de desconfianza

A asamblea local do Bloque, diante da situación de enfrontamento entre PSOE e Son de Teo pola alcaldía, decideu non participar nun goberno no que se pretende que sexa a muleta duns e o centro da diana dos outros. Destacando ademais que neste clima de desconfianza non hai un interese verdadeiro das outras forzas por construir un goberno estabel para mellorar Teo. 

Así pois, o BNG o sábado 15 no pleno de elección de alcalde, apoiará a candidatura á alcaldía que cumpra a premisa básica de impedir que o PP acceda á alcaldía, e seguirá traballando polos veciños e veciñas de Teo desde a oposición, sen desbotar acordos puntuais poñendo sempre por diante á veciñanza, nun mandato que debe estar presidido pola transparencia e o diálogo permanente, así como por un cambio na forma e no fondo de facer política.