O BNG fará unha roda de encontros con veciños e veciñas das parroquias de Teo para priorizar infraestruturas do POS

O BNG fará unha roda de encontros con veciños e veciñas das parroquias de Teo para priorizar infraestruturas do POS

Quere levar ao Pleno do Concello a súa opinión sobre distribución dos fondos asignados a Teo no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación da Coruña, que se elevan a 1.164.962,80 de euros.

O Bloque Nacionalista Galego de Teo iniciará o próximo mes de decembro unha roda de encontros cos veciños e as veciñas do concello para contrastar información sobre as necesidades das parroquias en materia de infraestruturas.

Con esta iniciativa o BNG pretende coñecer de primeira man as prioridades das parroquias para levar as propostas ao Pleno do Concello unha vez que xa foron establecidas as cantidades que se asignarán a Teo no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan único de concellos) "POS+ 2017" da Deputación da Coruña.

Manuel Anxo Fernández Baz, portavoz municipal e concelleiro do BNG, afirma que "a opinión das veciñas e veciños do Teo debe ser un elemento decisivo á hora de decidir a distribución destes fondos (un total de 1.164.962,80€) dado que a súa finalidade é precisamente a de contribuir a mellorar a calidade de vida de todas as persoas que residen no concello".

O BNG fará unha roda de encontros con veciños e veciñas das parroquias de Teo para priorizar infraestruturas do POS