O BNG de TEO propón que o concello facilite as reclamación das persoas afectadas polo corte de suministro eléctrico

O BNG de TEO propón que o concello facilite as reclamación das persoas afectadas polo corte de suministro eléctrico

Teo, 6 de febreiro de 2017. O BNG de Teo proponlle ao concello que habilite un mecanismo de reclamación para que todas as persoas afectadas polo corte de suministro eléctrico poidan reclamartanto polos perxucios económicos que éste lles está a supoñer como para solicitar a redución na factura da luz correspondente a todos os días que está durando o corte de suministro.

Falamos de tres días (hoxe entramos no cuarto) sen luz en moitas parroquias do concello onde zonas como A Torre, Rarís, Recesende, Lampai chegaron a sufrir cortes de máis de 30 horas, ademais dos continuos cortes de maior ou menor duración en todas as parroquias do Concello que dañaron electrodomésticos na parroquia de Teo.

Tamén hai que sumar aos incovintes particulares a multidude de incidencias colectivas como o peche de garderías, os problemas o mantemento do funcionamento da EDAR ou as numeros citas suspendidas na ITV de Cacheiras.

Ademáis do que significa voltar a vivir como hai un século, de que hai persoas dependentes de respiradores, de elevadores eléctricos ou persoas maiores que viven solas, este corte eléctrico de tantos días está a supoñer perdas económicas para moitos fogares, con electrodomésticos avariados polos continuos cortes, conxeladores cheos de comida que hai que tirar, negocios que non puideron realizar a súa actividade con normalidade…

Dende o BNG solicitamos que o concello comunique mediante un bando que todos os afectados teñen a sua disposición no concello follas de reclamación, asesoramento e ademáis será o propio concello o que tramite estas reclamacións á empresa suministradora.

Tamén consideramos que o concello debe elevar unha protesta enérxica á Xunta de Galicia para que se lles esixa as empresas eléctricas que unha situación deste tipo non se pode volver a dar, xa que a causa principal da tardanza en arranxar os efectos do temporal non é outra que un mal mantemento de moitas liñas e a falta de persoal contratada para arranxar os danos dun temporal alertado con varios dias de antelación.