BAZ DENUNCIA O PASOTISMO DO PP DIANTE DA DEIXADEZ DO SEU PARTIDO COS VECIÑOS E VECIÑAS DE TEO

O BNG de Teo reclámalle ao Goberno do Estado que repoña o firme da N-550 nas Galanas (Calo)

N-550 nas Galanas (Teo)
N-550 nas Galanas (Teo)

O portavoz do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, a través dunha moción de urxencia que defenderá no pleno do vindeiro 4 de abril, insta á Xunta de Galiza a que esixa do Goberno do Estado que repoña o firme

O BNG de Teo reclámalle ao Goberno do Estado que repoña o firme da N-550 nas Galanas (Calo)

Denunciamos o estado da estrada N-550 ao seu paso pola parroquia de Calo en Teo, que presenta un firme en moi mal estado por falta de mantemento e conservación, nomeadamente á altura das Galanas. Trátase dunha estrada que soporta miles de vehículos diariamente, e máis aínda despois das últimas subidas das peaxes.

Diante desta situación, o portavoz do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, a través dunha moción de urxencia que defenderá no pleno do vindeiro 4 de abril, insta á Xunta de Galiza a que esixa do Goberno do Estado que repoña o firme e que desenvolva as labouras de mantemento da estrada N-550, sen agardar a que estea na situación actual (tal e como evidencian as imaxes que se anexan á nota á altura das Galanas).

Fernández Baz comentou que “é incríbel que nos vexamos obrigados a circular por unha estrada na que incluso hai tramos nos que falta a capa de rodadura, como sucede nas Galanas, e máis aínda cando falamos dunha vía principal.” E engadíu que “é chamativo o silencio do PP de Teo cando centos de veciños e veciñas de Teo vémonos obrigados a circular por unha estrada neste estado de abandono.”