SON DE TEO E PSOE REXEITARON A PROPOSTA DO BNG DE MANTER A CONTRIBUCIÓN NO 0,4%

O catastrazo do PP fai tremer ás familias en Teo

IBI_TW
IBI_TW

Chegou o catastrazo! Son de Teo/Anova e PSOE rexeitaron a proposta do BNG de manter a contribución no 0,4%. Un ataque directo ás economías familiares. 

O catastrazo do PP fai tremer ás familias en Teo

Chegou o catastrazo! Aos veciños e veciñas de Teo xa lles están chegando os recibos do catastrazo do PP, un ataque directo ás economías familiares. 

Comezou sendo a chamada regularización catastral a través do pago de 60 euros e rematou converténdose nunha revalorización das propiedades que agora chega ás vivendas en forma de recibos e coa aplicación da contribución municipal do 0,6% aprobado polo goberno municipal en setembro de 2015. Unhas medidas que discriminan especialmente a Galiza e as economías do rural. 

E por se fose pouco, están reclamando catro anos de “atrasos”, aínda que se dea o caso de que o feito impoñíbel non existirá hai máis de dous anos, e incluso contando con licenza municipal no caso de construcións. 

Mais para desgraza dos habitantes do concello de Teo, o goberno municipal de Son de Teo/Anova e PSOE decidiron modificar a ordenanza da contribución en Teo en setembro de 2015 asumindo as subas do Partido Popular, e rexeitando a nosa proposta de manter o tipo vixente en Teo.

Estas medidas supóñenlle ao Concello case 800.000 euros máis de ingresos para 2016 que veñen dos recibos que están chegando ás casas estes días de outubro e que castigan aínda máis as economías das veciñas e dos veciños do concello.

A través do noso portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, manifestamos máis unha vez a nosa disconformidade con todo o proceso de regularización catastral que está levando a cabo o Goberno do Partido Popular a través do Ministerio de Facenda e coa decisión do goberno municipal de Sisto e Lemus de manter o do tipo do IBI no 0,6%.