O Concello tardou un ano en tramitar á declaración de BIC para Pontevea

O Concello tardou un ano en tramitar á declaración de BIC para Pontevea

PonteveaBICCongratulámonos de que o goberno municipal de SondeTeo+PSOE inicie os trámites para a declaración BIC da ponte de Pontevea, un ano despois de ser aprobada a proposta do BNG no Pleno do Concello de que se instara á declaración de Ben de Interese Cultural á ponte medieval que une Teo coa Estrada.

O portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, destacou que “ao goberno municipal entroulle a ansia un ano despois malia que conta con seis dedicacións, o acordo plenario quedou esquecido e xa leva máis dun ano no caixón da alcaldía.” E engadíu con retranca que “parece que para SondeTeo/PSOE como a ponte leva alí máis de cincocentos anos tampouco vai pasar nada porque transcorra outro ano máis…”

Por outra banda, a Fernández Baz chámalle a atención o afán ocultista do goberno municipal e máis aínda cando falamos de acordos plenarios, e neste senso pregúntase “cal é a razón de que o goberno municipal oculte que a tramitación da declaración BIC da ponte xa foi aprobada por unanimidade no Parlamento, e mesmo de que non se mencione en ningún momento que no Pleno do Concello de Teo de marzo de 2015 se aprobara unha moción do BNG instando a iniciar os trámites para a declaración BIC do monumento.” O nacionalista conclúe que “no goberno de Teo hai unha ansia ocultista máis propia de gobernos anteriores. O goberno municipal substitueu os feitos pola propaganda, polo autobombo. Mágoa.”

Ínstamos ao goberno municipal a que abandone a propaganda e o sectarismo, para a que, por certo, destinou importantes partidas no orzamento para 2016, e que se aplique para resolver os problemas dos veciños e das veciñas de Teo.

 

O Concello tardou un ano en tramitar á declaración de BIC para Pontevea