Consideramos o Plan de Mobilidade de Teo como un marco necesario para humanizar o Concello

Captura de pantalla 2018-04-16 a las 10.26.31

O Plan reflicte as principais problemáticas de Teo en materia de seguridade viaria e de mobilidade Desde o BNG temos claro que é necesario avanzar nesa dirección e amosamos a nosa disposición para lograr o obxectivo de rematar coa inseguridade viaria e humanizar Teo. Mais tamén desde o BNG reclamámolle ao goberno municipal que poña en marcha todos os mecanismos dispoñíbeis para lograr os recursos necesarios para conseguir executar as moitas e importantes actuacións previstas.

Consideramos o Plan de Mobilidade de Teo como un marco necesario para humanizar o Concello

Acabamos de coñecer o Plan de Mobilidade do Concello de Teo no que se sistematizan as problemáticas en materia de seguridade viaria, humanización e mobilidade que sofren os veciños e veciñas do concello, así como un conxunto de propostas para avanzar na súa resolución.

En xaneiro de 2013 o Pleno municipal aprobou a moción do grupo municipal do BNG na que se reclamaba un plan de seguridade viaria e de humanización do Concello de Teo como marco necesario para as actuacións municipais e co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Poñíanse de manifesto naquela moción os principais problemas en materia de seguridade viaria e a necesidade de apostar pola humanización do concello, comezando como medidas prioritarias con actuacións nos entornos dos centros de saúde e ensino.

O BNG vén reclamando este Plan e centrando as súas iniciativas na seguridade viaria, humanización e na mobilidade.

No Plan presentado pola concelleira de urbanismo contémplanse os problemas co transporte público, e nomeadamente co Teobus; a ausencia de beirarrúas; de espazos para os peóns; os problemas de accesibilidade,… e realízanse unha serie de propostas ambiciosas pero que de levarse adiante suporán un antes e un despois na situación actual do concello.

Desde o BNG temos claro que é necesario avanzar nesa dirección e amosamos a nosa disposición para lograr o obxectivo de rematar coa inseguridade viaria e humanizar Teo. Mais tamén desde o BNG reclamámolle ao goberno municipal que poña en marcha todos os mecanismos dispoñíbeis para lograr os recursos necesarios para conseguir executar as moitas e importantes actuacións previstas.

 

Consideramos o Plan de Mobilidade de Teo como un marco necesario para humanizar o Concello