Exiximos unha solución urxente que incremente a Seguridade Viaria na zona do Sisto en Cacheiras

O sábado pola mañá envorcou o «enésimo» vehiculo na zona

Exiximos unha solución urxente que incremente a Seguridade Viaria na zona do Sisto en Cacheiras

Exiximos ao goberno municipal que adopte as medidas necesarias para mellorar a seguridade viaria no cruce do Sisto e nas estradas que conflúen nel, nomeadamente na pista que une este lugar coa rotonda do gadis de Cacheiras de xeito urxente. Antes de que teñamos que lamentar unha verdadeira desgraza.

As veciñas e veciños da zona demandan medidas para atallar o incremento do tráfico, así coma os numerosos accidentes que se veñen producindo dende hai meses na zona. O último na mañá do sábado cando envorcou un turismo sen termos que lamentar, afortunadamente, danos persoais. Como sinalou unha veciña da zona “a sorte pódese acabar e un día vai haber unha desgraza”

O BNG de Teo, a través do seu portavoz, Manuel Anxo Fernández Baz,  pediu en repetidas ocasións nos plenos que se solucionara ese “punto negro” onde hai un cruce perigoso e un estreitamento da calzada principal que converte a curva nun punto cego. A estrada, que une Milladoiro con Cacheiras, é de competencia municipal e nestes últimos anos ven soportando un incremento do tráfico, sobre todo nas horas punta. Está pouco e mal sinalizada, co firme nun estado deplorable cheo de parches, que outono e no inverno coas chuvias aparece inzado de fochancas que se remendan mais non se arranxan.

A Seguridade viaria é unha prioridade no programa do BNG é así llo manifestou ao grupo de goberno en repetidas ocasións. A última na reunión mantida por mor dos orzamentos co Alcalde o pasado decembro, onde se lle exixiu que renovara o estragado firme da calzada e mellorara a seguridade. como unha das condición para apoiar os orzamentos municipais.

O BNG segue demandando medidas que reduzan o uso do automóbil e a velocidade nas estradas do concello que atravesan zonas densamente poboadas como esta en concreto.

Exiximos unha solución urxente que incremente a Seguridade Viaria na zona do Sisto en Cacheiras