Pasotismo do goberno municipal de Teo no control das obras

45890781_1938512882894948_6383176504074829824_n

Veciñas e veciños de Calo denuncian os problemas que lle causan a deficiente sinalización das obras e o mal estado da estrada de Adrán a Calo

Pasotismo do goberno municipal de Teo no control das obras

Veciñas e veciños de Calo están indignados pola deixadez do goberno municipal no control da execución das obras e en concreto da beirarrúa que comunicará Adrán e Campos de Mirabel co centro de saúde de Folgueiras. 

Estes días foron moitos os veciños e veciñas que se puxeron en contacto con nós para denunciar que tiveran problemas para circular pola estrada de Adrán a Calo tanto pola deficiente sinalización das obras, e nomeadamente cando hai pouca visibilidade como é de noite, como polo estado do firme e concretamente á altura do cruce coa estrada que leva ao centro de saúde onde hai unha fenda na que os bordos actúan como coitelas para os neumáticos e pode provocar problemas na dirección e na suspensión dos vehículos, así como no caso das motos e bicicletas ser unha trampa mortal.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, denuncia esta situación “reclamamos que o alcalde de Teo e a concelleira de urbanismo fagan o seu traballo e controle a execución das obras tanto no que ten a ver coa sinalización como na reparación do firme para non xenerar problemas de seguridade para peóns e para condutores e condutoras”. Fernández Baz sinalou que “levamos tempo esixindo que o goberno municipal controle e reclame a sinalización das obras como por exemplo no caso dos chamados pasos sobreelevados”, e engadíu que “nas últimas semanas estanse constatando problemas na obra da beirarrúa de Folgueiras a Campos de Mirabel e Adrán pola deficiente sinalización e por non reparar correctamente as obras de canalización xenerando auténticos problemas para a circulación de vehículos.”

Pasotismo do goberno municipal de Teo no control das obras