O goberno municipal sen solucións para Augas Mansas

O goberno municipal sen solucións para Augas Mansas

Demandamos compromisos do goberno municipal.

Despois de reunirse o goberno municipal cos veciños e as veciñas de Augas Mansas, desde o BNG de Teo queremos manifestar a nosa discrepancia coa actitude que mantiveron na xuntanza, pois nin o Alcalde, Sr. Sisto, (Son de Teo - Anova) nin a concelleira de urbanismo, Sra Lemus (PSOE), foron quen de comprometer unha solución por escrito, só repetiron un argumentario que tiñan preparado diante do malestar da veciñanza polo ultimátum en relación ao abastecemento de auga.

A reunión converteuse nun acto puro de campaña electoral sen estar en

campaña pois unicamente se dirixiu a prometer o que os veciños levan tempo

reclamando, o parque, as zonas verdes, o campo de deporte, etc.

Desde o BNG rexeitamos as promesas baleiras e a actitude despótica do Alcalde, imputando a responsabilidade da situación da urbanización aos veciños.

Demandamos que en Augas Mansas os veciños sexan cidadáns de primeira tanto para pagar impostos como para exercer dereitos.

Reclamamos actuacións inmediatas como as necesarias a respecto da situación da antiga fábrica de cepillos, que se atopa en ruínas con todos os perigos que supón.

A xestión do Sr. Sisto en varios anos de goberno demostra que non é quen de arranxar a problemática urbanística que foi xerada pola construtora e pola deixadez do responsable municipal.

Isto fainos pensar en que o abandono e a discriminación por parte do executivo local van continuar.

A única solución proposta é, polo visto, deixar que pase o tempo, e así ir sobrevivindo no goberno municipal, o que pon de manifesto a incapacidade do

executivo local.

Así pois, non hai ningunha solución para as piscinas, as antenas nin os depósitos de gas, que seguen en situación de ilegalidade. A discriminación de Augas Mansas seguirá sen solución.

Desde o BNG de Teo, en definitiva, reclamamos o COMPROMISO

ESCRITO para resolver os problemas da urbanización así como para a

dotación das infraestruturas ás que ten dereito a cidadanía que reside en

Augas Mansas, e que foron comprometidas de palabra por parte do

goberno municipal.

O goberno municipal sen solucións para Augas Mansas