PARA O BNG A APROPIACIÓN DA VONTADE POPULAR É UN ERRO NO QUE CAEN OS MANIPULADORES E QUEN NON TEN MÁIS PROXECTO QUE O ENGANO.

Mañá, 27 de maio, hai dez anos que o BNG gañou as eleccións municipais en Teo.

Resultados 2007
Resultados 2007

Malia reeditar a vitoria electoral no 2011, un grupo de concelleiros abandonaron a formación e, faltando ao compromiso ético asinado, levaron con eles as actas que lexitimamente pertencían ao BNG. Así pois, desde 2012 é outro proxecto o que goberna Teo, mais non é o iniciado en 2007.

Mañá, 27 de maio, hai dez anos que o BNG gañou as eleccións municipais en Teo.

Mañá, 27 de maio, hai dez anos que o BNG gañou as eleccións municipais en Teo. Non foi unha vitoria calquera, foi o desaloxo da casa consistorial do Partido Popular e do seu nefasto Alcalde, que deixou o Concello nunha situación moi lamentábel. Máis por riba de todo foi o principio dun proxecto de concello, dun Teo para a veciñanza, saneado, con política social, cun proxecto para mellorar realmente a vida dos e das teenses.

Por desgraza, e malia reeditar a vitoria electoral no 2011, un grupo de concelleiros abandonaron a formación e, faltando ao compromiso ético asinado, levaron con eles as actas que lexitimamente pertencían ao BNG. Así pois, desde 2012 é outro proxecto o que goberna Teo, mais non é o iniciado en 2007.

Para o BNG a apropiación da vontade popular é un erro no que caen os manipuladores e quen non ten máis proxecto que o engano.

A mellor maneira de celebrar o cambio de 2007 é con propostas e con humildade, ausentes do goberno municipal desde hai tempo por desgraza para todos. 

Mañá lembramos aqueles resultados coa afouteza dos que loitan por un concello mellor para vivir e con mellores servizos para a veciñanza. No BNG de Teo non nos rendemos daquela e non nos imos render agora, seguimos a traballar pola nosa terra e polos veciños e veciñas de Teo.