Segunda charla informativa sobre a mina de Touro-O Pino

e9241698-7b6e-429d-b16d-fd1777a639a2

Organizamos unha segunda charla informativa, desta volta en Pontevea, sobre a mina que pretenden reabrir nos concellos de Touro e O Pino. Participaron os concelleiros Manuel Anxo Fernández Baz de Teo e Xoán Louzao de Touro que estiveron acompañados polo deputado Xosé Luís Rivas “Mini. 

Segunda charla informativa sobre a mina de Touro-O Pino

Organizamos unha segunda charla informativa, desta volta en Pontevea, sobre a mina que pretenden reabrir nos concellos de Touro e O Pino. Participaron os concelleiros Manuel Anxo Fernández Baz de Teo e Xoán Louzao de Touro que estiveron acompañados polo deputado Xosé Luís Rivas “Mini. 

Queren volver a abrir esta explotación a ceo aberto ampliando as súas dimensións considerablemente, aproximadamente 700 hectáreas de extensión. Este xacemento foi explotado nos anos setenta e os efectos da actividade mineira, paralizada hai uns vinte, continúan. Diversos estudos conclúen que segue a contaminación nos acuíferos, pozos, regatos e ríos da zona por ferro, cobre a aluminio, e destes vai até o río Ulla.

Así pois, as augas do Ulla que xa sofren a contaminación aportada polo Laña e o Brandelos, derivada da explotación anterior, agora vanse ver afectadas pola nova explotación que multiplicará a carga contaminante.

A riqueza medioambiental do río Ulla é un indiscutible activo para Teo en tódolos planos, e amais, as veciñas e veciños de Teo dependemos do Ulla para satisfacer as necesidades de auga potable. Ao risco desta mina e aos seus efectos contaminantes sumamos o perigo da posíbel instalación dunha planta de residuos na Casalonga.

O BNG defendeu e apoiou no Concello esixirlle á Xunta de Galiza que extremen as medidas de protección medioambientais e que o Concello presente as alegacións técnicas oportunas ao proxecto de explotación mineira e a instalación da Casalonga.

Segunda charla informativa sobre a mina de Touro-O Pino