Veciños e veciñas dos Tilos piden que os contedores non sexan un obstáculo nas estradas

Manuel Anxo Fernández Baz achegouse ata a urbanización Os Tilos. percorreuna acompañado por veciños e veciñas para atender as demandas e suxestións dos habitantes do lugar.

Veciños e veciñas dos Tilos piden que os contedores non sexan un obstáculo nas estradas

O noso portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz achegouse ata a urbanización Os Tilos para coñecer de primeira man a ordenación que recentemente levou a cabo o Concello e para coñecer as demandas da veciñanza con respecto á seguridade viaria. Percorreu a Urbanización acompañado por veciños e veciñas para atender as demandas e suxestións dos habitantes do lugar, entre outras, arranxos nalgúns cruces que por mor da reordenación das prazas de aparcamento quedan sen visibilidade, a reubicación dalgúns contedores do lixo ou mesmo a retirada dalgúns destes contedores que están obstaculizando a estrada, o que obriga a que os vehículos invadan o carril contrario co perigo que isto representa.

O concelleiro do BNG achegouse tamán, ata a zona da praza circular para comprobar o estado das obras da cuberta que van ostensibelmente lentas e xa acumulan dous meses de atraso. A obra da praza circular que custará preto de 300.000 € sumando as dúas fases previstas, comezou no mes de febreiro e tiña un prazo de execución de catro meses. Veciños e veciñas da urbanización expresaron o seu malestar pola demora das obras e por non ter escollido unha estrutura máis respectuosa e integrada co medio ambiente, e expresaron as súas dubidas ao respecto da estética do modelo escollido, de formigón.