Reclamamos unha actuación urxente para resolver o problema da turbidez da auga en Campos de Mirabel

Reclamamos unha actuación urxente para resolver o problema da turbidez da auga en Campos de Mirabel

Veciños e veciñas da urbanización Campos de Mirabel de Teo, denuncian que das billas das súas casas sae auga con barro e xa levan varios días con este problema polo que reclaman unha solución.

O concelleiro do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, contactou coa empresa municipal Augas de Teo e co Alcalde para que se adopten as medidas necesarias para tranquilizar aos centos de veciños e veciñas que residen na Urbanizaciòn e que ven como das súas billas sae auga turbia.

Manuel Anxo Fernández destacou que "somos conscientes da problemática que existe nas zonas de fin de rede como é Campos de Mirabel, mais é necesario e urxente tomar as medidas oportunas para garantir a calidade da auga".