Reclamamos a paralización da actividade na canteira

Cabeceira_tw2

O Bloque denuncia que calquera actuación no espazo da canteira implicará un grave impacto ambiental

Reclamamos a paralización da actividade na canteira

Acabamos de coñecer a vontade de reiniciar a actividade na canteira da Casalonga que foi mercada, así como os dereitos mineiros de aproveitamento, pola empresa Grupo TOYSAL. Diante desta noticia e da preocupación social existente na contorna que foi trasladada ao Grupo Parlamentar do BNG polo portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, o Bloque elaborou e rexistrou no Parlamento galego unha serie de iniciativas dirixidas á Xunta de Galiza nas que se solicita o posicionamento do Goberno galego no que se considera un intento de converter a canteira nun vertedoiro cun elevado impacto ambiental, de salubridade e potencialmente contaminante para a acuíferos da contorna, coma ten sucedido noutros casos semellantes.

O deputado do BNG, Luis Bará, destacou que “esta canteira atopase sen explotar e nun estado de inactividade e abandono dende hai anos, e polo tanto as condicións de planificación pola que se autorizou a súa explotación, incluída a avaliación ambiental, o plan de explotación e traballo, e o plan de restauración, xa nada tería que ver co momento actual na que se atopa o xacemento mineiro. Ademais de ter incumprido os prazos da restauración ambiental aprobada no seu día.” E engadiu que “a canteira experimentou un proceso de recuperación natural e espontáneo con recolonización natural de flora e fauna da zona con auga en circulación e osixenada”, e en consecuencia destacou que “a reanudación da actividade da canteira, implicaría unha complexa actuación de baleirado da auga, de importante impacto ambiental que podería ter consecuencias severas e críticas sobre á propia bacía ou rede hidrográfica á que pertence.”

Atendendo a esta situación o BNG insta á Xunta de Galiza a que, dadas as condicións actuais nas que se atopa a canteira da Casalonga, paralice a reanudación da actividade mineira ao terse producido un abandono consumado que derivou nunha restauración ambiental natural en boa parte dos terreos da canteira, en tanto que a reactivación da mesma vai ter un impacto ambiental en toda a bacía hidrográfica sobre a que está situada. Ademais de que a propia canteira acumula os materiais idóneos e suficientes para unha restauración que evitan a súa substitución con residuos de valorización alleos”

Reclamamos a paralización da actividade na canteira