Reclamamos a urbanismo de Teo que demande a inclusión das lagoas da Casalonga no inventario de humidais de Galiza

Fernández Baz felicita á veciñanza polos avances conseguidos e fai un chamamento a seguir presionando para blindar o espazo da canteira

Reclamamos a urbanismo de Teo que demande a inclusión das lagoas da Casalonga no inventario de humidais de Galiza

Parabenizamo á veciñanza da Casalonga polos froitos que vai dando a loita veciñal. Pero destaca que aínda son moitas as frontes abertas, porque a normativa estatal aprobada polo goberno do psoe, e que esixe e permite un novo plan de restauración, a través do que se colan os vertedoiros, segue intacta, e vendo a modificación en curso da normativa de re- siduos, todo indica que as canteiras van ser espazos destinados a soterrar resi- duos. E iso non é de recibo.

Por outra banda, a respecto da situación da canteira, o portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, subliña que "tal e como vimos dicindo desde o principio é fundamental declarar a caducidade dunha explotación economica- mente inviable, ademais de tratarse dun espazo rexenerado que pouco ten que ver co orixinal", e engadiu que "neste momento, e dado que semella que se toma conciencia da importancia das "pozas" da canteira de Casalonga como elemen- tos de interese natural, algo que dixemos dende o inicio, instamos ao goberno municipal que solicite de inmediato á Consellería de Medio Ambiente a inclusión deste "sistema de lagoa e charcas" alí existentes no inventario de espazos hú- midos de Galicia, ao amparo do Decreto 127/2008, de 5 de xuño, polo que se desenvolve o rexime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia." Baz reclama que todas as administracións deben mover ficha, comezando polo Concello porque "quen ten a competencia para incluir de oficio un humidal no inventario é a Xunta, pero o Concello pode, e debe, deman- dalo", e concluíu dicindo que a clave é que "a inclusión no inventario de humidais de Galiza resultaría determinante para evitar o uso de residuos como medida de restauración dun espazo renaturalizado".

Reclamamos a urbanismo de Teo que demande a inclusión das lagoas da Casalonga no inventario de humidais de Galiza