Para Ter Voz Propia

Para Ter Voz Propia

Pechamos a primeira semana de campaña na que a militancia asumiu o traballo de buzonear 5500 casas do concello en cumprimento do noso compromiso de aforro de cartos públicos. Nesta semana fixemos encontros nas distintas parroquias coa veciñanza e un acto central de campaña en Calo no que participaron o portavoz municipal Manuel Anxo Fernández Baz, a candidata ao Congreso Elvira Souto e o candidato ao Senado Xosé Luís Rivas “Mini”, o acto tivo unha grande acollida e participación por parte da veciñanza de Teo.

Coa mesma ilusión e compromiso comezamos a segunda semana de campaña na que continuaremos cos encontros nas parroquias, un formato novidoso para achegármonos aos votantes a través de conversas.

Animamos a tódolos nacionalistas a continuar traballando con ilusión polo país, é preciso que o BNG teña representación en Madrid para continuar co traballo que veñen desenvolvendo as nosas deputadas e deputados nos últimos 20 anos, porque si o BNG está, Galiza está #ParaTerVozPropia.

Para Ter Voz Propia