A veciñanza de Rarís reclama o arranxo da estrada que comunica coa Florida

Os veciños informaron que a pista está en estado de abandono desde hai moitos anos, coa excepción dalgún bacheado puntual
A veciñanza de Rarís reclama o arranxo da estrada que comunica coa Florida

Veciñas e veciños da parroquia de Rarís puxéronse en contacto co portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, para denunciar a situación na que se atopa a estrada que vai desde o núcleo de Rarís até a Florida.

Os veciños informaron que a pista está en estado de abandono desde hai moitos anos, coa excepción dalgún bacheado puntual realizado desde o Concello. Ademais, comunicaron que nos últimos anos, e en diferentes ocasións, desde o goberno municipal, e concretamente desde urbanismo e obras, comprometéronse a asfaltar a estrada.

A respecto disto, Fernández Baz comentou que “hai uns meses reclamámolle á concelleira de urbanismo o arranxo da pista mais, tal e como denuncian os veciños, segue nun estado lamentábel.” 

Diante da situación e da demanda veciñal, o BNG de Teo reclama unha actuación urxente nesta estrada para adecentala e facela transitable.

A veciñanza de Rarís reclama o arranxo da estrada que comunica coa Florida