Veciños e veciñas de San Domingo reclámanlle ao goberno municipal o asfaltado das pistas do lugar

SanDomingo
Fernández Baz demanda o cumprimento dos compromisos coa veciñanza
Veciños e veciñas de San Domingo reclámanlle ao goberno municipal o asfaltado das pistas do lugar

Veciños e veciñas do lugar de San Domingo celebraron unha reunión co grupo municipal e co responsábel local do BNG na que denunciaron o incumprimento dos compromisos adquiridos por parte do goberno municipal, e nomeadamente o estado das pistas da aldea, tanto a interior como a que vai até a ponte da autoestrada.

Na reunión os veciños e veciñas explicaron que a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus, hai meses que tivo unha reunión con eles na que se comprometeu a asfaltar e anchear as pistas do lugar que están nun estado lamentábel que, de seguro, empeorará no inverno. A veciñanza amosau a súa decepción diante dos compromisos da concelleira socialista “que logo non se cumpren” así como o agravio que senten ao non atender este goberno municipal as demandas veciñais.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, comprobou no lugar o estado das pistas que necesitan unha actuación urxente e amosou o apoio do BNG ás demandas veciñais e comprometeuse a reclamarlle ao goberno municipal o cumprimento dos compromisos adquiridos coa veciñanza.

 

Veciños e veciñas de San Domingo reclámanlle ao goberno municipal o asfaltado das pistas do lugar