Tres vehiculos municipais denunciados pola policia de Teo por non ter o seguro obrigatorio.

Tres vehiculos municipais denunciados pola policia de Teo por non ter o seguro obrigatorio.

Amosamos a nosa estupefacción, e pedimos explicacións ao goberno municipal de Son de Teo+PSOE despois de coñecerse e publicarse no xornal El Correo Gallego a grave infracción de varios vehículos do concello aos que a Policía Municipal denunciou por circular sen o seguro obrigatorio.

Segundo a información feita pública pola xornal, as denuncias foron cursadas o día 9 polos axentes despois de comprobar os datos coa Dirección General de Tráfico, como si esta situación non fora xa lamentábel, dous deses vehículos municipais denunciados levaban co seguro vencido dous anos e o consistorio ao ser preguntado pola xornalista referiu que “o concello non vai facer ningún tipo de comentario sobre tonterias”.

Tales denuncias poden levar a multas de 800€ por vehículo.

O noso portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, cualificou de incríbel esta situación e “insta ao goberno municipal a que dea as explicacións pertinentes sobre este tema e a que asuman as responsabilidades políticas diante da gravidade dos feitos denunciados” e engade que deben informar tamén de “si as multas, que poden ascender a 2.400€, se van pagar cos cartos dos veciños e veciñas”, e “da situación do resto dos vehículos municipais”

Máis unha vez demostrase o descontrol e a descoordinación deste goberno municipal bicéfalo, que aproveita cada oportunidade para “meterse nunha nova fochanca”, alimentando mes a mes a situación de enfrontamento cos seus propios funcionarios, namentres os veciños e veciñas temos que asistir ao espectáculo dun goberno municipal máis preocupado de cuestións partidarias que do ben común e de xestionar correctamente o concello.