Novas

Mello local, mellor galego

O bng de Teo leva xa un tempo traballando en diferentes ubicacións do noso concello na campaña en apoio ao comercio local e aos produtos de proximidade
Ler novas

venres día 2 de Decembro ás 18:30h

O bng de Teo organiza no seu local, situado na Travesía de Cacheiras número 62 baixo, o venres día 2 de Decembro ás 18:30h unha actividade de títeres, enfocada nas crianzas e en colaboración con Títeres Cachirulo ( www.titerescachirulo.com ), sobre a "Historia do Apalpador"

Agardámoste!

*A entrada será de balde ate cubrir aforo.
 

Ler novas

Breve encontro co deputado Nestor Rego

Este xoves 21, ás 18.00h na explanada da Asociación A Baiuca teremos un breve encontro con Nestor Rego , deputado do bng no Congreso, para falarmos da pirotecnia que se quere instalar en Solláns e explicar o sentido das preguntas que presentou o BNG a pasada semana no Congreso e comentar os seguintes pasos que daremos para tratar de paralizar a súa construcción nos terreos actuais.

Agardámosvos!
 

Ler novas