A ampliación de tres quilómetros da AG-59 rematará en Xermeade colapsando Pontevea

Autovia teo

Manuel Anxo Fernández Baz, reclama que “se teña moi en conta que esta obra máis que solucionar problemas de tráfico en Teo o que fai é complicalos notabelmente”

A ampliación de tres quilómetros da AG-59 rematará en Xermeade colapsando Pontevea

O BNG reclámalle a Rafael Sisto que medie diante da Xunta de Galiza para evitar que Pontevea se convirta nun funil para os vehículos a consecuencia da ampliación da autovía AG-59 que vai sair a Xermeade e que colapsará a AC-241 polas dificultades para a incorporación dos vehículos á AC-841.

A AC-241, que vai ser a vía receptora dos vehículos procedentes da autovía, desemboca no centro de Pontevea nunha pequena semirotonda cun stop que se vai converter nun auténtico problema para os vehículos, e nomeadamente para os camións, xerando colapsos de tráfico con todos os problemas que implicará isto para os condutores e condutoras e para veciños e veciñas de Pontevea.

Diante disto, o portavoz do BNG en Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, reclama que “se teña moi en conta que esta obra máis que solucionar problemas de tráfico en Teo o que fai é complicalos notabelmente”, e en consecuencia solicítalle ao alcalde de Teo “que poña en coñecemento da Xunta a problemática que vai xerar o que foi anunciado como a gran obra do goberno galego de Feijóo en Teo, e que na práctica supón ampliar en tres quilómetros a actual autovía e dirixindo todo o tráfico á estrada AC-241 á altura de Xermeade, e que emende o erro que se vai cometer”. 

A ampliación de tres quilómetros da AG-59 rematará en Xermeade colapsando Pontevea