O BNG rexeita o vertedoiro encuberto de Toysal a través do plan de rexeneración da canteira

DSC_6074

Fernández Baz reafirma unha vez máis a posición do BNG en defensa dos intereses veciñais.

O BNG rexeita o vertedoiro encuberto de Toysal a través do plan de rexeneración da canteira

O goberno municipal de Teo anunciou a semana pasada que recibeu da Xunta unha solicitude de informe sobre o Plan de restauración da concesión de explotación “Casalonga” Nº6996, presentado pola empresa Toysal na en xullo de 2018. Este Plan de restauración, segundo consta no documento, vai parello á transmisión do dereito mineiro por parte de Toysal, e polo tanto responde, segundo manifesta o documento, ao propósito da empresa de actualizar o plan de restauración que tiña a concesión mineira desde 2001. Así pois, Toysal amosa neste proxecto a intención de explotar a canteira ao mesmo tempo que restaura as zonas xa esgotadas, mais esa “restauración” vaise producir non só cos restos da parte explotada senon tamén con residuos.

Dito isto, o BNG diante desta proposta amosa a súa preocupación en tanto que levamos uns meses loitando contra a pretensión de instalar unha planta industrial de residuos por parte desta empresa e, aínda que houbo que agardar, hoxe xa hai un informe de compatibilidade urbanística negativo que debera contar con todos os argumentos para que se arquive a planta de residuos. Mais agora coñecemos o Plan de rexeneración da canteira que se realiza aproveitando os resquicios legais que deixa a lexislación da minería para facer un vertedoiro encuberto de grandes dimensións, para recibir residuos mineiros, da construcción e demolición, até completar un volumen total de inertes de máis de nove millóns de metros cúbicos. E todo iso será recuberto con terra ou un substituto como poden ser os tecnosolos. 

En definitiva, o BNG a través do seu portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, rexeita a conversión da canteira nun vertedoiro, confía en que o goberno municipal elabore un informe sobre materias da súa competencia negativo contra esta pretensión, e amosa todo o seu apoio aos veciños e veciñas da Casalonga e de toda a parroquia de Calo chamando á mobilización social en torno á Plataforma Casalonga 

O BNG rexeita o vertedoiro encuberto de Toysal a través do plan de rexeneración da canteira