Instamos ao alcalde de Santiago a que non utilice Teo como cortina de fume para a súa campaña electoral

Captura de pantalla 2019-04-04 a las 17.41.38

A fusión proposta polo alcalde de Santiago suporía absorber Teo e convertelo na periferia da periferia

Instamos ao alcalde de Santiago a que non utilice Teo como cortina de fume para a súa campaña electoral

Amosamos a nosa estupefacción diante das palabras do alcalde de Santiago de absorber Teo. Unha vez máis, e en plena precampaña electoral, o alcalde de Santiago volve con propostas que semellan máis cortinas de fume para ocultar os déficits na súa xestión.

Chama a atención que durante catro anos nada fixera desde Santiago por avanzar nesa idea que lanzara en 2015 de fusionar Santiago cos concellos da contorna, entre eles Teo. Así como tamén pouco fixo por avanzar na xestión mancomunada de servizos que melloren a calidade de vida dos veciños e veciñas destes concellos como é ben coñecido.

No BNG non entendemos onde están os beneficios dunha fusión mais si temos claro cales son os prexuízos con impostos máis elevados, desatención polo rural ao converternos na periferia da periferia e empeoramento dos servizos públicos como xa vemos actualmente no rural de Santiago. Así mesmo, tamén se percibe unha predisposición social en Santiago reclamando que o seu alcalde atenda os problemas da localidade, que son moitos, e que se deixe de andar con eslogans e ideas supostamente electoralistas.

O candidato do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, diante disto insta ao goberno municipal de Teo, conformado por Son de Teo e PSOE, e nomeadamente ao alcalde de Teo, Rafael Sisto, a que manifeste a súa posición diante desta idea que suporía a desaparición de Teo e converter ao seu alcalde nun concelleiro de Santiago en Teo.

Instamos ao alcalde de Santiago a que non utilice Teo como cortina de fume para a súa campaña electoral