Iniciamos unha campaña para demandar unha tarifa eléctrica galega

IMG_6472 copia

O BNG vén de iniciar unha campaña social para reclamar a redución do IVE sobre a eléctricidade

Iniciamos unha campaña para demandar unha tarifa eléctrica galega

Reclamamos a redución do IVE sobre a eléctricidade e a modificación do actual marco regulatorio que perxudica seriamente os intereses do tecido social e produtivo galego e a reforma da Lei do sector eléctrico para permitir unha tarifa eléctrica galega para abaratar o consumo doméstico e empresarial como compensación aos custos sociais e medioambientais das instalacions de producción de electricidade.

Entre as accións previstas está a presentación dunha moción no Concello para ser debatida no pleno de novembro, a realización dun acto o martes 13 na casa común de Cacheiras no que participará a deputada Noa Presas Bergantiños que é a responsábel de enerxía no grupo parlamentar do BNG, e o portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz; a entrega de información aos veciños e veciñas e a recollida de sinaturas.

O portavoz nacionalista manifestou que: “a enerxía debe ser entendida como un ben público e a política enerxética debe desenvolverse en base a esta consideración, polo que son necesarios cambios inmediatos na regulación eléctrica para que a electricidade sexa un servizo básico e estean cubertas as necesidades sociais e económicas.”

Fernández Baz denuncia a “inxustiza do sistema actual que fai que os galegos e as galegas teñamos que pagar facturas elevadas que xeneran moitos problemas para facerlles fronte”, e engadíu “un país como o noso que é produtor e que como tal asume elevados custes sociais e medioambientais ten que ter algunha compensación e polo tanto é necesaria unha tarifa eléctrica galega, porque é de xustiza.”

Iniciamos unha campaña para demandar unha tarifa eléctrica galega