Detéctase aluminio na rede de abastecemento de auga, solicitamos información

Detéctase aluminio na rede de abastecemento de auga, solicitamos información

O BNG esixe que se revisen todas as obras de traída de auga realizadas nos últimos anos

Diante da gravidade da presenza de aluminio na rede de abastecemento solicítase información

O portavoz do BNG de Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, manifestou a súa estupefacción ao coñecer a noticia da aparición de aluminio, un metal altamente contaminante, nun tramo da rede de abastecemento de auga potábel en Teo.

Diante deste gravísimo feito, o BNG de Teo solicita unha inspección urxente de toda a rede de abastecemento e nomeadamente das obras realizadas nos últimos anos pola empresa que executou as obras do POS durante o ano 2014 nas que se atopou o aluminio.

Solicítamos tamén toda a información dispoñíbel sobre as certificacións das tubaxes utilizadas na rede de abastecemento e dos materiais que están en contacto coa auga, así como das analíticas realizadas da obra na que se detectou a presenza do metal contaminante.

Así mesmo, instamos ao goberno municipal a que actúe de xeito contundente no caso denunciado esixíndolle á empresa a substitución do material contaminante e a posta en funcionamento da rede afectada con todas as garantías para a veciñanza.

Máis unha vez o grupo de goberno Anova+PSOE volve a actuar de xeito errático e ocultando información, no que xa é o carimbo deste goberno máis preocupado polas liortas internas que pola veciñanza de Teo

Detéctase aluminio na rede de abastecemento de auga, solicitamos información