ANOVA E PSOE PRESENTAN UN ORZAMENTO Á ALZA PARA 2017 GRAZAS AOS RECURSOS APORTADOS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E Á SUBA DA CONTRIBUCIÓN

Máis de 7 meses tardaron Son de Teo/PSOE presentar a proposta de orzamentos

Ramallosa_-_Casa_do_concello_de_Teo

Non tiveron vontade de facela de todos a través do diálogo. Estes orzamentos non serían posíbeis sen os recursos que veñen da Deputación e o incremento dos ingresos obtidos polo catastrazo do PP.

Máis de 7 meses tardaron Son de Teo/PSOE presentar a proposta de orzamentos

Sete meses tivemos que agardar os veciños e veciñas para coñecer a proposta de orzamentos do goberno municipal municipal de Teo (Anova e PSOE), que decidiu levar ao pleno unhas contas que non quixeron someter ao diálogo co bng, negando porén a posibilidade de discutir propostas e acadar o maior consenso posíbel, unha actitude que xa non sorprende. Mais deixan en evidencia que falan moito de dialogo, consenso e novos xeitos na política, mais só son palabras baleiras como amosan os feitos.

Esta proposta unilateral de orzamentos da que presumen non sería posíbel sen o importante continxente de recursos que vén da Deputación, así como tampouco sen o substancial incremento dos ingresos obtidos polo catastrazo que aumenta en case un millón de euros a previsión da recadación sobre o liquidado en 2016.

Neste sentido é chamativo que o plan de axuste vinculado ao orzamento de 2017 e que afectará a 2018, se fundamente no catastrazo do PP e na suba da contribución do 25% de Anova e PSOE aprobada en 2015, e que agora dá os seus froitos a costa dos veciños e veciñas de Teo.

Así pois, Anova e PSOE decidiron elaborar un orzamento de parte, sen pretender un consenso, e máis aínda cando estamos na segunda metade do 2017, despois dos erros contables que puxeron en xaque as contas do Concello. Esta proposta sairá adiante o luns 17 de xullo sen tender pontes para convertelos nas contas de todos.

Entrando no contido dos orzamentos, desde o BNG consideramos que seguen sen atender problemas importantes para os veciños e veciñas de Teo en materia de saneamento, infraestruturas, cultura e seguridade viaria, porén demandamos máis unha vez a incorporación aos orzamentos dun Plan Integral de Seguridade Viaria e de Humanización do Concello de Teo, en cumprimento do acordo plenario de xaneiro de 2013 a proposta do BNG.

Tendo moi en conta estas carencias, o portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, destacou que: "estará vixiante para que se constrúa dunha vez o imprescindible colector de Bustelo, a depuradora de Ínsua e todas as obras de mellora das estradas e da seguridade viaria asociadas aos plans provinciais, así como os proxectos de aforro enerxético, pois en 2017 aumenta o gasto nestes epígrafes nun 19%." E conclueu remarcando "a ausencia de vontade por parte de SondeTeoAnova e PSOE para facer destas as contas de todos, e máis aínda tendo en conta que se presenten cando xa se debería estar traballando nos orzamentos para 2018." 

Máis de 7 meses tardaron Son de Teo/PSOE presentar a proposta de orzamentos