Sisto retira a proposta de dedicacións pola presión do BNG

Captura de pantalla 2019-08-01 a las 0.46.40

Fernández Baz destaca que a abstención do BNG non é un cheque en branco e exíxelle ao goberno municipal seriedade nas formas e nas propostas

Sisto retira a proposta de dedicacións pola presión do BNG

O BNG abstívose para permitir deste xeito a aprobación da proposta de dedicacións presentada polo Alcade logo de atender a exixencia dos nacionalistas de non incrementar a masa salarial. A proposta modificada foi presentada no mesmo pleno logo de retirar a proposta inicial nunha xogada de “trilerismo” de Son de Teo.

A proposta que se aprobou coa abstención do BNG contempla cinco dedicacións e media, renunciando a un cuarto de dedicación, e non incrementa a masa salarial, que queda en 185.000€ fronte aos 206.400€ que pretendía o alcalde. O Bloque mantivo en todo momento unha postura de coherencia política facéndoa confluír coa honestidade e a responsabilidade, deixando claro que o noso obxectivo non era, como dicía o Alcalde, impedir a labor de goberno senón que, e tendo en conta a correlación de forzas, recuperar o diálogo como práctica normal en Teo e lograr consensos fronte á actitude de imposición destes últimos anos por parte do goberno municipal, e nomeadamente do sr. Sisto e de Son de Teo, así como recuperar a transparencia.

O portavoz nacionalista Manuel Anxo Fernández Baz sinalou que “o goberno de Son de Teo e PSOE debe asumir xa os resultados das eleccións e a nova situación. Perderon a maioría absoluta e polo tanto teñen que acadar acordos", ao que engadiu que "as formas en democracia son importantes, como tamén evidenciou a portavoz do PSOE que recoñeceu que non foran as adecuadas referíndose á actitude do Alcalde". Fernández Baz subliñou que "o BNG está disposto a chegar a acordos sempre que exista diálogo”, e destacou que “tomamos a decisión de nos abster pese a actitude provocadora e “chulesca” do alcalde, xa que deste xeito cúmprese a exixencia principal do Bloque, non incrementar os salarios nun 12%”.

Lembroulle o portavoz nacionalista ao alcalde que a política é “ética e estética” e afeoulle o discurso seudorevanchista e manipulador “mesmo antes da votación”, lembrándolle finalmente que "ese comportamento non é o camiño para acadar acordos, e que o feito de que finalmente se aceptara a principal exixencia do BNG evidencia que era moi razoábel e suficiente para un goberno sen maioría."

Sisto retira a proposta de dedicacións pola presión do BNG