O BNG de Teo reclama información ao Concello

Cartaz Gasolineira

Veciñas e veciños de Teo, amosan a súa preocupación polas obras que están en marcha ao carón do CEIP para construír unha gasolineira.

O BNG de Teo reclama información ao Concello

Veciñas e veciños de Teo, e nomeadamente a comunicade educativa do CEIP da Ramallosa, amosan a súa preocupación diante da información de que as obras que están en marcha ao carón do CEIP son para construír unha gasolineira.

Diante desta situación, demandamos información sobre o proxecto e sobre a licenza para a construción dunha estación de subministro de carburantes e combustibles polo miudo e dun centro de servizos nun lugar que se atopa moi próximo ao río Tella e a escasos metros do CEIP da Ramallosa. E sobre todo, tendo en conta que no cartel da obra figura que o proxecto ten como finalidade construír un centro de servizos consistente en supermercado, cafetaría, zona de ocio infantil e aparcamento en Travesía de Ramallosa, e para nada se menciona que se vai poñer en funcionamento unha estación de subministro de carburantes. Entendemos con isto que o Concello outorgou licenza para a construción dun supermercado pero non coñecía a autorización para a distribución de carburantes que supoñemos outorgada pola Xunta.

Manifestamos que non parece moi axeitado, que agora que a tendencia xeral no urbanismo é a de alonxar este tipo de instalación das zonas poboadas, os veciños e veciñas de Teo teñamos que ver como instalan un establecemento que distribue productos altamente perigosos e contaminantes nun dos nucleos urbanos do noso Concello, e aínda máis, a carón dun colexio.

Por todo isto, desde o BNG reclamamos información e denunciamos que as modificacións lexislativas efectuadas polo Partido Popular desde o Goberno galego levan a situacións como esta e a unha perda da cada vez más reducida autonomía local. En todo caso, tamén reclamamos unha resposta por parte do goberno municipal de Teo porque voz aínda ten, ou debería.

O BNG de Teo reclama información ao Concello