Patricia Castelao nova Responsábel Local do BNG en Teo

O proceso de renovación dos órganos de dirección do BNG de Teo culminou onte terceira feira coa celebración dunha asemblea extraordinaria na que se ratificou a elección de Patricia Castelao como nova responsábel local e na que tamén se elixiu un novo Consello Local que estará integrado por Vitor Lourido de Galiza Nova, Pablo Iglesias, Sofía Rama, Xabier Alvedro, Manuel Rodiño os que se suman Carme Diéguez e Manuel Barreiro .
O novo Consello Local asume a súa tarefa coa ilusión e a vontade de traballar fixándose como obxectivos para os vindeiros dous anos, ampliar a base de militantes nacionalistas e comezar inmediatamente coas tarefas de preparación das vindeiras eleccións municipais de 2023, tanto no relativo ao programa electoral como á conformación da candidatura.
A nova responsábel local agradeceu o traballo feito nestes anos aos compañeiros e compañeiras do Consello Local, que nos levou a mellorar os resultados en cada unha das últimas eleccións celebradas e a recuperar o grupo municipal, e sinala que «o traballo do BNG estase demostrando imprescindíbel tanto no institucional coma no social, continuaremos traballando coa intención de reforzar á organización local e construír un proxecto transformador co que volver a ilusionar á veciñanza para o cambio que necesitamos neste concello».