O ANUNCIO TIVO LUGAR NA FEIRA DO SAN MARTIÑO, ONDE A CANDIDATA E A PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, ANA PONTÓN, REALIZARON UNHA VISITA Á FEIRA.

Patricia Castelao será a candidata do BNG de Teo para as eleccións municipais de 2023

Patricia Castelao será a candidata do BNG de Teo para as eleccións municipais de 2023
9M3A1971-1b

Teo, 11 de novembro de 2022

   O BNG de Teo fai pública a presentación da súa voceira municipal, Patricia Castelao, como candidata á Alcaldía para as eleccións municipais de maio de 2023. O anuncio tivo lugar este venres 11 de novembro, na carballeira de Francos, aproveitando a celebración da tradicional feira cabalar do San Martiño.


   A presentación de Castelao como candidata á Alcaldía contou coa presenza de múltiples membros do partido, entre os que estivo presente a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. A candidata, arroupada por compañeiros e compañeiras do partido de Teo, expresou o orgullo que supón para ela afrontar esta nova etapa e sinalou que dende o BNG se atopan co “corazón e a cabeza centrados en traballar por un Teo mellor”.


   A candidata fixo fincapé na oportunidade de cambio que as vindeiras eleccións municipais brindan ao concello. “O BNG é a única garantía que fará que Teo dea un paso adiante para reverter a situación na que se atopa”.

Patricia Castelao será a candidata do BNG de Teo para as eleccións municipais de 2023