A ASEMBLEA LOCAL DE TEO AGRADECEU A MANUEL BARREIRO OS SERVIZOS PRESTADOS E MANIFESTOU A SÚA PLENA CONFIANZA EN PATRICIA CASTELAO.

Patricia Castelao substituirá a Manuel Barreiro na Corporación Municipal de Teo

patri
patri
Patricia Castelao substituirá a Manuel Barreiro na Corporación Municipal de Teo

Patricia Castelao, número 4 na lista do BNG e actual responsábel do BNG de Teo, substituirá a Manuel Barreiro na Corporación Municipal de Teo após a renuncia deste á súa acta de concelleiro por motivos persoais e laborais.

Barreiro manifestou que “foi unha decisión madurada e reflexionada durante varias semanas na que pesaron especialmente os compromisos laborais e académicos que vou enfrontar neste ano que comeza e considero que o labor e o traballo dun concelleiro precisan dun tempo e unha dedicación que nestes momentos non podo garantir”.

A Asemblea Local de Teo, na reunión celebrada este luns, día 10, agradeceu a Manuel Barreiro os servizos prestados e reafirmou o seu compromiso de traballo para o avance do BNG e de Teo. A asemblea manifestou a súa plena confianza en Patricia Castelao, que viña desempeñando con éxito o seu labor de responsábel local e, xa que logo, liderando actividades e campañas como as desenvolvidas recentemente, andaina polo monte Piquiño – coa súa riqueza arqueolóxica ameazada por proxectos eólicos- e a campaña de apoio ao comercio local. Patricia, que ten demostrada a súa capacidade de traballo e que reborda e contaxia ilusión, entusiasmo e dedicación ao proxecto nacionalista, saberá, sen dúbida, levar á institución municipal as necesidades, demandas e aspiracións da veciñanza de Teo, ao tempo que pulará por manter e ampliar o dinamismo da Asemblea Local para multiplicar a capacidade de acción do BNG.

Patricia Castelao substituirá a Manuel Barreiro na Corporación Municipal de Teo