Denunciamos o estado da rúa As Lameiriñas en San Sadurniño

Pasotismo do goberno municipal no control das obras
Denunciamos o estado da rúa As Lameiriñas en San Sadurniño
Veciños e veciñas de San Sadurniño puxéronse en contacto con nós para denunciar o "pasotismo" da administración local diante do estado no que está a rúa As Lameiriñas dende principios deste ano. Segundo a veciñanza a desfeita foi realizada pola empresa que cambiou as luminarias neste mesmo entorno.