NAS DECLARACIÓNS DA ALCALDESA RECOLLIDAS NA PRENSA E SOLICITARÁ EXPLICACIÓNS

O BNG DENUNCIA FALSIDADES

O BNG DENUNCIA FALSIDADES NAS DECLARACIÓNS DA ALCALDESA DE TEO RECOLLIDAS NA PRENSA E SOLICITARÁ EXPLICACIÓNS

Mantén que o Partido Popular vén votando en contra de xeito reiterado ás emendas presentadas aos orzamentos da Xunta de Galiza para incluír un Centro de Día en Teo

O BNG de Teo denuncia as declaracións que aparecen hoxe (10/11/23) recollidas no diario La Voz de Galicia nas que a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, nega que o BNG tivese solicitado á Xunta de Galiza a construción dun centro de día neste concello. 

Para a fronte nacionalista, estas aseveracións teñen especial gravidade pois ademais de pretender invisibilizar o traballo desta forza política, tamén supoñen un menosprezo cara unha boa parte da veciñanza, en referencia á recollida de sinaturas que tivo lugar no ano 2016. “Estas afirmacións dan mostra da preocupación da alcaldesa”, afirma Eloi Devesa, portavoz municipal. 

A deputada Iria Carreira tamén salienta que, “sen ir máis lonxe, nos últimos 5 anos presentamos emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para a construción do Centro de Día en Teo, emendas que foron votadas en contra polo Partido Popular”. Engadiu, neste mesmo sentido “este é un recurso necesario para a poboación teense desde hai anos, e nesta liña estaba proxectado no bipartito, máis coa chegada do Partido Popular á Xunta de Galiza abandonouse este proxecto”.

A formación nacionalista anunciou que demandará explicacións por parte da alcaldesa ante as “falsidades” enunciadas na prensa.

Non podemos consentir que a falsidade e a calumnia sexan a maneira de facer política por parte da alcaldesa do noso concello”, afirmou Devesa. Tamén incidiu en que o Partido Popular, no pasado, si ten apoiado esta proposta no concello e lembra a moción presentada polo BNG no 2017, “e aprobada por unanimidade”. “Non valen nin as dobres varas de medir nin as falsidades”.

O BNG DENUNCIA FALSIDADES