O SÁBADO DÍA 17 DE XUÑO DE 2023 CONSTITUIUSE O PLENO PARA O MANDATO 2023/27

Pleno de constitución do Concello de Teo

Pleno de constitución do Concello de Teo

O sábado día de 17 de xuño de 2023 ás 12h tivo lugar no salón de plenos do concello de Teo a inauguración do novo curso político municipal correspondente ao mandato 2023/27.

Neste acto de constitución plenaria tomaron posesión das súas responsabilidades a nosa concelleira Noelia Castaño e os noso concelleiros Eloi Devesa e  Óscar Antón Pérez que estiveron arroupadas por un numeroso grupo de militantes, simpatizantes e veciñanza.

O bng de Teo incrementou, nestas pasadas eleccións municipais, a súa representación ao pasar de 2 a 3 concelleiros/as e incrementar o número de votos.

Queda así definitivamente conformado o Grupo Municipal do BNG de Teo sendo portavoz Eloi Devesa e portavoces suplentes Noelia Castaño e Óscar Antón Pérez.

O portavoz municipal afirmou ao remate do acto que "faremos unha oposición responsable, seria e proactiva, sempre vixiante para que se respecten os dereitos da veciñanza e non se privaticen servizos públicos"

Pleno de constitución do Concello de Teo