A hipocrisía do PSOE e do PP coas vítimas de Angrois

A hipocrisía do PSOE e do PP coas vítimas de Angrois

O grupo municipal do PSOE levou ao pleno do Concello de Teo unha moción de apoio ás vítimas do accidente do Alvia 04155 que en 2013 provocou a morte de 81 persoas. O acordo proposto inclúe que o Concello reciba esta entidade para coñecer as súas demandas e reivindicación, a solicitude ao Goberno español dunha investigación independente sobre o ocorrido, e a petición ao mesmo executivo de que se cree unha comisión de investigación en sede parlamentaria para establecer posibles responsabilidades políticas.

En primeiro lugar, ao BNG de Teo chámanos a atención que sexa necesaria unha moción para que as vítimas do accidente sexan recibidas polo alcalde, cando debería ser unha iniciativa da alcaldía. En segundo lugar, amosamos a nosa incredulidade e o absoluto rexeitamento coa actitude hipócrita, electoralista e cínica das agrupacións locais do PSOE e do PP, ao votar a favor e absterse respectivamente, nesta moción. Namentres no parlamento do estado español bloquean calquera actuación dirixida a esclarecer o accidente e as consecuentes responsabilidades. Así o fixeron máis unha vez o pasado xoves 28 de abril de 2016 cando ambos partidos, PP e PSOE, amosando a súa conivencia votaron en contra (199 votos) da creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia en Angrois. O resultado da votación foi recibido con indignación por parte dos representantes das vítimas que seguían o debate dende a propia cámara e que foron desaloxados por protestar.

Rexeitamos por tanto este tipo de actuacións das que son tan asiduos estes dous partidos, e esiximos que deixen de marear e de usar ás vítimas deste accidente para facer esa política de baixeza moral e mera propaganda.

Será que teñen algo que esconder?

O BNG mantén a posición que tivo desde o minuto un da traxedia con Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila no Congreso dos Deputados, cos deputados e deputadas no Parlamento galego e con Ana Miranda no Parlamento europeo: esixir responsabilidades, caia quen caia; e demandamos que doten das medidas de seguridade que corresponden á liña de alta velocidade en Galiza.

O BNG esixe á Comisión Europea que faga público o seu informe sobre o accidente do Alvia.

Rafael Hernando (PP) ve "miserable" pedir unha investigación sobre "Angruás".

Las víctimas del accidente de Angrois, expulsadas del Congreso tras rechazar PP y PSOE una comisión de investigación.