O BNG de Teo apoia á veciñanza de Reis e Cacheiras nas  reivindicacións sobre a celebración do Entroido    

O BNG de Teo apoia á veciñanza de Reis e Cacheiras nas  reivindicacións sobre a celebración do Entroido    

Un ano máis denégaselles o permiso para poder ocupar a Estrada AC841  para a celebración dunha “festa declarada de interese turístico de Galiza”.

A organización nacionalista tivo coñecemento do malestar dos veciños e veciñas de Reis e Cacheiras ao informárselles de que non poderían celebrar o tradicional Entroido pola estrada que divide as súas parroquias, xa que contaban que esa ocupación da vía estaba autorizada.

Resulta que finalmente non é así, non hai autorización para a ocupación da AC841,. e a celebración do Entroido quedaría deslucida. Ese feito pode ter como resultado a suspensión da celebración de parte dunha “festa declarada de interese turístico de Galiza”.

Non é aceptable que a celebración do noso Entroido non se poida realiza en todo seu esplendor e manifestamos expresamente o noso apoio ás asociacións afectadas e ofreceremos a nosa colaboración para esclarecer o acontecido mediante unha iniciativa no próximo pleno.