Solicitamos ao Goberno do Estado información sobre o proxecto do Parque Eólico do Monte Piquiño
O Goberno do Estado recoñece que no caso dos Parques Eólicos “Non existe unha planificación polo miúdo sobre que proxectos se levan adiante e onde”
O BNG, a través do deputado Néstor Rego, solicitou ao Goberno do Estado a información que obre no seu poder sobre o proxecto PEol-358, un Parque Eólico que pretenden instalar no Monte Piquiño, en fase de tramitación no Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico por superar os 50 MW.
O Bloque formulou no Congreso catro preguntas:
- Tivo entrada na Dirección General de Política energética y Minas o proxecto denominado P.E. de Monte Piquiño e con número de expediente PEol-358 impulsado por Green Capital e cuxa autorización corresponde ao Ministerio por superar os 50MW?
- Cal é a ubicación proposta para a instalación deste parque eólico e a que termos municipais afectaría a súa construción?
- ¿En qué estado está actualmente a tramitación do proxecto?
- Dado que é un documento público Onde se pode consultar o proxecto completo do P.E. Monte Piquiño?
A resposta do Goberno do Estado especifica que tivo entrada no rexistro do Ministerio con data 5 de febreiro de 2020 unha solicitude de “autorización administrativa previa para el parque eólico Monte Piquiño de 54 MW, y su infraestructura de evacuación, en los términos municipales de Teo, Padrón, Rois, Brión, Ames y Santiago de Compostela, A Coruña, promovido por Green Capital Development 117, S.L.” e que “esta se remitió la solicitud al Área de Industria y Energía de la Subdelegación del Gobierno en A Coruña, como órgano competente para llevar a cabo dicha tramitación”.
Mais os parágrafos máis sorprendentes son os que seguen:
“Cabe, asimismo, indicar que son los promotores de los proyectos los que deciden qué ubicaciones son las idóneas para sus proyectos, teniendo en cuenta aspectos como la regulación de la ordenación del territorio, la disponibilidad de suelo, el acceso a la red eléctrica. Y teniendo en cuenta, asimismo, las afecciones ambientales, ya que en lugares donde el impacto es mayor es previsible que los proyectos no puedan ser autorizados.
Las Administraciones no determinan la ubicación de los proyectos. No existe una planificación al detalle acerca de qué proyectos se llevan a cabo y dónde. La iniciativa como se ha indicado corresponde a los promotores. No obstante, las administraciones cuentan con instrumentos que permiten condicionar su desarrollo.”
O Portavoz municipal, Manuel Barreiro sinala que “non pode ser que as empresas decidan e substitúan unha labor que debe ser realizada polas administracións públicas con criterios de interese público e non de beneficios mercantís, é coma poñer o raposo a facer os galiñeiros”, así mesmo Barreiro insistiu en que “semella que queren desfacer Teo a base de políticas depredadoras e decretos lei, se non chegaba con que PSOE e PP autoricen un vertedoiro, agora tamén nós traen un Parque Eólico e neste caso concreto de Lampai, ameazando unha das meirandes areas de riqueza patrimonial da comarca.” E continuou “ningunha destas infraestruturas vai xerar postos de traballo nin riqueza, so lixo, contaminación e destrución do entorno natural, social e económico. Non hai dereito a este ataque continuo de PP e PSOE que, sen embargo, nada fan para solucionar os problemas do transporte, o desemprego, da falla efectivos nos servizos públicos de sanidade ou de educación ou a fenda dixital nun concello limítrofe coa capital do país”.
O Grupo Municipal do BNG en Teo rexeita este modo de proceder da administración que delega nas empresas as decisións de onde, como e cando, e a administración do Estado e a autonómica limítanse a tramitar expedientes. Reiteramos o noso apoio á veciñanza afectada e traballaremos con eles para que se pare o proxecto.