Novas

Breve encontro co deputado Nestor Rego

Este xoves 21, ás 18.00h na explanada da Asociación A Baiuca teremos un breve encontro con Nestor Rego , deputado do bng no Congreso, para falarmos da pirotecnia que se quere instalar en Solláns e explicar o sentido das preguntas que presentou o BNG a pasada semana no Congreso e comentar os seguintes pasos que daremos para tratar de paralizar a súa construcción nos terreos actuais.

Agardámosvos!
 

Ler novas

Inauguración do local do bng de Teo

No bng de Teo vimos de inaugurar este Venres día 15 de Xullo de 2022 un local amplo, luminoso arrente de rúa e aberto á veciñanza que ten como obxectivo converterse nun espazo de referencia e encontro non só para a militancia senón para todas as veciñas e veciños de Teo.


O local está ubicado na Travesía de Cacheiras num. 62.


Queremos agradecer a súa presenza a tódalas persoas que se achegaron onte ata a inauguración.

Ler novas

INAUGURAMOS LOCAL EN TEO

Dende o bng Teo temos o pracer de anunciar a inauguración do noso local no Concello. 
Convidamos a toda a veciñanza á súa posta de longo o próximo venres 15 de Xullo ás 20:30h.
O local está ubicado na Trv.de Cacheiras num. 62.
Anímate! Achégate! Haberá uns petiscos e poderedes coñecer á nosa actual voceira Patricia Castelao
Ler novas

Salvemos o Monte Piquiño

O domingo 5 de xuño o bng de Teo participou na manifestación contra a depredación eólica que fomentan os gobernos da Xunta e do Estado.

Salvemos o Monte Piquiño !!!

Ler novas

Encontro con Nestor Rego en Teo

Comunicamos a toda a veciñanza e demáis persoas interesadas na asistencia, da nova data para o Encontro con Nestor Rego en Teo que terá lugar na Praza do Mercado dos Tilos o Venres 17 de xuño de 2022 ás 20:30h e no que intervirán a nosa voceira local e concelleira Patricia Castelao e o deputado no parlamento estatal Nestor Rego.

Animamos a asistir para que teñades información de primeira man sobre a importancia de termos voz propia.

Agardámosvos!

Ler novas

Non a planta de tratamento de residuos na Casalonga

Ante o cambio de titularidade a nome de Toysal da pista que leva á canteira, pedimos explicacións e esiximos que se estuden todas as posibilidades abertas para solucionar dunha vez por todas a problemática da canteira.

Dende o bng de Teo estamos a facer unha oposición responsábel, construtiva e dialogante mais non permitiremos un novo golpe á veciñanza con noticias que só fan aumentar a alarma. Esiximos, antes que nada, respecto á veciñanza que vive con desesperación esta confusión e merecen vivir con tranquilidade.

Todas as forzas políticas do concello teñen que deixarse a pel neste tema para intentar solucionalo por todos os medios, con responsabilidade, respondendo só aos intereses das veciñas e veciños. 

A perda de control sobre a pista supón facilitar a Toysal que faga o que lle pete nos terreos e, fronte isto, estará o BNG e tamén as veciñas e veciños como levamos demostrando todos estes anos de protestas e mobilizacións para deixar claro que, de se construír, atoparíanse coa nosa oposición activa. 

 A nosa voceira, Patricia Castelao reclama un "pacto municipal" para sumar forzas contra a instalación do vertedoiro.

Ler novas

O bng de Teo realiza unha ofrenda floral no monumento da Batalla de Cacheiras

O bng de Teo conmemorou na mañá do 23 de Abril ás persoas que participaron na Batalla de Cacheiras en 1846 como "semente necesaria do nacionalismo actual".

A voceira, Patricia Castelao, e a concelleira, Carme Diéguez, xunto cun grupo de militantes, realizaron unha ofrenda floral no monumento conmemorativo da Fundación O Grelo-Amigos de Galiza e convidaron a "homenaxear ás persoas que defenderon os nosos dereitos e un futuro de seu para a nosa terra". 

"Na Batalla de Cacheiras defendéronse os nosos dereitos como pobo e tamén os dereitos das persoas a vivir dignamente e, neste sentido, é un referente de especial valor para o BNG porque nos sentimos herdeiras deses mesmos obxectivos e por eles traballamos", apuntou Patricia Castelao para quen a formación nacionalista "incorpora a enerxía de quen defendeu Galiza a través da nosa historia".

Ler novas

Os prezos soben, os teus cartos baixan: fagámonos valer

➡️Mañá, SABADO 26 de Marzo, as 12h, @s compañeir@s do bng de Teo estaremos nos Tilos realizando un reparto de folletos e informando sobre a campaña "Os prezos soben, os teus cartos baixan: fagámonos valer";


➡️ Ao tempo, anunciamos e animamos a participar na MANIFESTACIÓN O DOMINGO 3 de Abril, con saida ás 12h da Praza 8 de Marzo en Compostela.

Ler novas
As nosas concelleiras Carmen Diéguez (esq.) e Patricia Castelao (dta.)

Toma de posesión como concelleira de Patricia Castelao

Hoxe, 23 de febreiro, a nosa compañeira Patricia Castelao tomou posesión como concelleira (e voceira) do bng de Teo; hoxe, día en que conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro


Parabéns, Patricia!


Dende o grupo municipal gardamos que a andaina sexa longa e frutífera ao tempo que desexamos medre aínda máis en ti a ilusión, o entusiasmo e a enerxía que te caracteriza.


Adiante Patricia, adiante bng!

Ler novas