DENDE O BNG DE TEO POÑÉMONOS DO LADO DA VECIÑANZA

Non a planta de tratamento de residuos na Casalonga

Ante o cambio de titularidade a nome de Toysal da pista que leva á canteira, pedimos explicacións e esiximos que se estuden todas as posibilidades abertas para solucionar dunha vez por todas a problemática da canteira.

Dende o bng de Teo estamos a facer unha oposición responsábel, construtiva e dialogante mais non permitiremos un novo golpe á veciñanza con noticias que só fan aumentar a alarma. Esiximos, antes que nada, respecto á veciñanza que vive con desesperación esta confusión e merecen vivir con tranquilidade.

Todas as forzas políticas do concello teñen que deixarse a pel neste tema para intentar solucionalo por todos os medios, con responsabilidade, respondendo só aos intereses das veciñas e veciños. 

A perda de control sobre a pista supón facilitar a Toysal que faga o que lle pete nos terreos e, fronte isto, estará o BNG e tamén as veciñas e veciños como levamos demostrando todos estes anos de protestas e mobilizacións para deixar claro que, de se construír, atoparíanse coa nosa oposición activa. 

 A nosa voceira, Patricia Castelao reclama un "pacto municipal" para sumar forzas contra a instalación do vertedoiro.

Non a planta de tratamento de residuos na Casalonga
Non a planta de tratamento de residuos na Casalonga