Novas

Inauguración do local do bng de Teo

No bng de Teo vimos de inaugurar este Venres día 15 de Xullo de 2022 un local amplo, luminoso arrente de rúa e aberto á veciñanza que ten como obxectivo converterse nun espazo de referencia e encontro non só para a militancia senón para todas as veciñas e veciños de Teo.


O local está ubicado na Travesía de Cacheiras num. 62.


Queremos agradecer a súa presenza a tódalas persoas que se achegaron onte ata a inauguración.

Ler novas

INAUGURAMOS LOCAL EN TEO

Dende o bng Teo temos o pracer de anunciar a inauguración do noso local no Concello. 
Convidamos a toda a veciñanza á súa posta de longo o próximo venres 15 de Xullo ás 20:30h.
O local está ubicado na Trv.de Cacheiras num. 62.
Anímate! Achégate! Haberá uns petiscos e poderedes coñecer á nosa actual voceira Patricia Castelao
Ler novas

Salvemos o Monte Piquiño

O domingo 5 de xuño o bng de Teo participou na manifestación contra a depredación eólica que fomentan os gobernos da Xunta e do Estado.

Salvemos o Monte Piquiño !!!

Ler novas

Encontro con Nestor Rego en Teo

Comunicamos a toda a veciñanza e demáis persoas interesadas na asistencia, da nova data para o Encontro con Nestor Rego en Teo que terá lugar na Praza do Mercado dos Tilos o Venres 17 de xuño de 2022 ás 20:30h e no que intervirán a nosa voceira local e concelleira Patricia Castelao e o deputado no parlamento estatal Nestor Rego.

Animamos a asistir para que teñades información de primeira man sobre a importancia de termos voz propia.

Agardámosvos!

Ler novas

Non a planta de tratamento de residuos na Casalonga

Ante o cambio de titularidade a nome de Toysal da pista que leva á canteira, pedimos explicacións e esiximos que se estuden todas as posibilidades abertas para solucionar dunha vez por todas a problemática da canteira.

Dende o bng de Teo estamos a facer unha oposición responsábel, construtiva e dialogante mais non permitiremos un novo golpe á veciñanza con noticias que só fan aumentar a alarma. Esiximos, antes que nada, respecto á veciñanza que vive con desesperación esta confusión e merecen vivir con tranquilidade.

Todas as forzas políticas do concello teñen que deixarse a pel neste tema para intentar solucionalo por todos os medios, con responsabilidade, respondendo só aos intereses das veciñas e veciños. 

A perda de control sobre a pista supón facilitar a Toysal que faga o que lle pete nos terreos e, fronte isto, estará o BNG e tamén as veciñas e veciños como levamos demostrando todos estes anos de protestas e mobilizacións para deixar claro que, de se construír, atoparíanse coa nosa oposición activa. 

 A nosa voceira, Patricia Castelao reclama un "pacto municipal" para sumar forzas contra a instalación do vertedoiro.

Ler novas

O bng de Teo realiza unha ofrenda floral no monumento da Batalla de Cacheiras

O bng de Teo conmemorou na mañá do 23 de Abril ás persoas que participaron na Batalla de Cacheiras en 1846 como "semente necesaria do nacionalismo actual".

A voceira, Patricia Castelao, e a concelleira, Carme Diéguez, xunto cun grupo de militantes, realizaron unha ofrenda floral no monumento conmemorativo da Fundación O Grelo-Amigos de Galiza e convidaron a "homenaxear ás persoas que defenderon os nosos dereitos e un futuro de seu para a nosa terra". 

"Na Batalla de Cacheiras defendéronse os nosos dereitos como pobo e tamén os dereitos das persoas a vivir dignamente e, neste sentido, é un referente de especial valor para o BNG porque nos sentimos herdeiras deses mesmos obxectivos e por eles traballamos", apuntou Patricia Castelao para quen a formación nacionalista "incorpora a enerxía de quen defendeu Galiza a través da nosa historia".

Ler novas

Os prezos soben, os teus cartos baixan: fagámonos valer

➡️Mañá, SABADO 26 de Marzo, as 12h, @s compañeir@s do bng de Teo estaremos nos Tilos realizando un reparto de folletos e informando sobre a campaña "Os prezos soben, os teus cartos baixan: fagámonos valer";


➡️ Ao tempo, anunciamos e animamos a participar na MANIFESTACIÓN O DOMINGO 3 de Abril, con saida ás 12h da Praza 8 de Marzo en Compostela.

Ler novas
As nosas concelleiras Carmen Diéguez (esq.) e Patricia Castelao (dta.)

Toma de posesión como concelleira de Patricia Castelao

Hoxe, 23 de febreiro, a nosa compañeira Patricia Castelao tomou posesión como concelleira (e voceira) do bng de Teo; hoxe, día en que conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro


Parabéns, Patricia!


Dende o grupo municipal gardamos que a andaina sexa longa e frutífera ao tempo que desexamos medre aínda máis en ti a ilusión, o entusiasmo e a enerxía que te caracteriza.


Adiante Patricia, adiante bng!

Ler novas

concentración convocada pola ANPA do IES Cacheiras onte

A concentración do Mércores, entre outr@s compañeir@s do bng, contou coa participación e apoio da nosa Concelleira por Teo Carmen Diéguez e da Deputada no Parlamento de Galiza Iria Carreira.

As nosas compañeiras puideron comprobar de primeira man como, apesares de saír as 14:10h, @s alumn@s do IES Cacheiras que residen en Lampai, Francos, etc..., foron recollid@s polo autobús do transporte escolar público, xestionado pola empresa Monbus, as 14:55h.

Dende o bng de Teo urximos ás partes implicadas e responsables a unha rápida solución.

Ler novas