Imprimir

Apoiamos a investidura do candidato de SdT por responsabilidade

BNG de Teo | 15 de xuño de 2019

Comezamos este mandato con ilusión e reafirma o seu compromiso cos intereses xerais dos veciños e veciñas de Teo

Manuel Anxo Fernández Baz e Carme Diéguez comprometéronse a defender os intereses veciñais no Concello de Teo. 

Na sesión constitutiva da Corporación municipal o BNG votou a favor da candidatura de Son de Teo á alcaldía de Teo por responsabilidade e por coherencia para impedir o acceso do PP á alcaldía. 

O apoio do Bloque ao candidato de Son de Teo non é un cheque en branco como xa sabe o novo alcalde de Teo.

O portavoz municipal do grupo do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, manifestou que “o BNG traballará, como sempre fixo, a pé de rúa a carón dos veciños e veciñas para levar ao consistorio as preocupacións, reclamacións e peticións dos e das  Teenses". Así mesmo, Fernández Baz destacou que “faremos un seguimento moi de preto do goberno municipal e exixiremos políticas máis valentes para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas e avanzar na transformación de Teo nun concello para vivir", e engadiu que "hai que cambiar os modos da política e mais aínda tratándose dun goberno en minoría, unha situación na que o BNG é decisivo",  neste sentido Baz subliñou que "actuaremos desde a responsabilidade mantendo a disposición ao diálogo mais sempre poñendo por diante os intereses da veciñanza de Teo".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-apoia-investidura-do-candidato-son-teo-alcaldia-responsabilidade/20190615191600001069.html


© 2020 BNG de Teo

Bloque Nacionalista Galego | Teo


Correo e: teo@bng.gal