A Banda Cultural de Teo gaña o 1º premio no III CIBM de Toro
A Banda de Música Cultural de Teo", ven de levar o primeiro premio na primeira categoría deste certame, dotado con 4.000 euros. Mais unha vez a Banda, que leva en activo máis de vintecinco anos pois foi presentada o día 28 de Marzal do 1989 na Praza do Obradoiro, ve recoñecida a súa calidade e o extraordinario traballo que fai desenvolvendo unha importante labor de dinamización cultural e formación musical neste concello, ao tempo que leva o nome de Teo polos rincóns do país e do estado.
Queremos parabenizar aos integrantes da Banda Cultural de Teo por este premio acadado recentemente no III Certame Internacional de Bandas Armónico Toro de Zamora diante de máis de mil músicos e 13 bandas de España e Portugal.