Información dos Plenos
Pleno

BNG de Teo acusa á alcaldía de "neglixencia" ao elevar a débeda nun 66%

O BNG de Teo valora a xestión orzamentaria da alcaldía de neglixente o aumentar a débeda do concello nun 66% e dicir 5,3 millóns de euros.

O portavoz do BNG de Teo manifesta que a falta de planificación por parte da alcaldía deixa o Concello sen investimento a nivel social, medio ambiental, cultural ou servizos.

O BNG de Teo presenta un rogo sobre o recoñecemento e homenaxe ás vítimas da represión franquista en concreto dos guerrilleiros antifranquistas exhumados en Luou, que é rexeitado pola alcaldía.

Ler novas

O BNG de Teo Cuestiona as Modificacións do PXOM e Rexeita o Proxecto de Altri

No último pleno municipal, abordáronse temas de gran relevancia para a comunidade de Teo, destacando a posición do BNG sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e a moción presentada sobre o proxecto de Altri. A Alcaldía propuxo modificacións ao PXOM, que foron criticadas polo voceiro do BNG, Eloi Devesa, quen expresou preocupación polo impacto que estas medidas poderían ter no territorio.
Ler novas
Captura do pleno

BNG solicita a creación dunha Valedoría de Igualdade en Galiza e aborda as demandas veciñais sobre espazos públicos e seguridade viaria

O Grupo Municipal do BNG presentou varias iniciativas que abordan diversas demandas veciñais, como a conservación de espazos naturais, a seguridade viaria e a mellora de infraestruturas públicas. Entre as solicitudes destacan a reparación de pistas, a creación de espazos de comunicación para a veciñanza e a atención a problemas de sinalización e aparcadoiros. Ademais, proponen á Xunta de Galiza a creación dunha Valedoría de Igualdade para defender os dereitos das mulleres e combater a discriminación de xénero, en resposta aos retrocesos sociais observados.

Ler novas
Pleno de Xaneiro de 2025

BNG impulsa a celebración do Ano Castelao e aborda problemas veciñais no pleno de xaneiro en Teo

No pleno de xaneiro de 2025, o BNG presentou unha Moción para apoiar a celebración do "Ano Castelao", recoñecendo a súa importancia na defensa da cultura e xustiza galega. Propoñen acordos como declarar 2025 como Ano Castelao e dedicarlle unha rúa ou praza. Ademais, formularon rogos sobre a falta dun centro de día en Teo, a seguridade do depósito municipal de vehículos, a retirada de árbores en Tribaldes, e a auga turbia en Augas Mansas, entre outros problemas que afectan á veciñanza.
Ler novas